Saltar ao contido

Zeppo Marx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZeppo Marx

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor, empresario, actor de teatro, actor de cinema, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor en Wikidata - 1978 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeBarbara Sinatra (1959–1973)
Marion Benda (1927–) Editar o valor en Wikidata
PaisSam Marx Editar o valor en Wikidata  e Minnie Schoenberg Marx Editar o valor en Wikidata
IrmánsGroucho Marx
Harpo Marx
Chico Marx
Gummo Marx Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0555688 Allocine: 3686 Allmovie: p46160 TCM: 124025 IBDB: 73081
BNE: XX904855 Musicbrainz: d6e4610d-1f5f-455a-b7fd-fe77f56e04ea WikiTree: Marx-428 Find a Grave: 2760 Editar o valor en Wikidata

Herbert Manfred "Zeppo" Marx, nado en Nova York o 25 de febreiro de 1901 e finado en Rancho Mirage, California, o 30 de novembro de 1979, foi un actor, cómico, axente teatral e enxeñeiro estadounidense, o máis novo dos irmáns Marx.[1] Apareceu nos cinco primeiros filmes dos Marx, entre 1929 e 1933, mais entón deixou a interpretación para comezar unha segunda carreira como enxeñeiro e axente teatral.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira como actor

[editar | editar a fonte]

Nos cinco primeiros filmes dos irmáns Marx, Zeppo aparece como unha personaxe recta, romántica e pouco cómica, despois do cal deixou o cuarteto (Gummo xa deixara a interpretación antes da entrada dos irmáns no cinema). Segundo un artigo dun xornal publicado en 1925, Zeppo tivo un papel na comedia A Kiss in the Dark, con Adolphe Menjou,[2] mais non se sabe que tipo de personaxe tiña nela nin a importancia desta, xa que todas copias do filme se perderon. Aínda que Zeppo tiña habilidades cómicas abondas chegando a substituír o seu irmán Groucho nalgunhas representacións,[3] e era coñecido polos seus chistes entre bastidores, nunca creou unha gran personaxe cómica que puidese rivalizar cos de Groucho, Harpo e Chico.[4]

Zeppo foi o último dos Marxs en escoller o seu alcume e non hai certeza sobre a súa orixe. Groucho dixo unha vez que o seu irmán escollera este alcume en referencia ao Zeppelin, un artiluxio voador probado por primeira vez na data do seu nacemento.[5] Non obstante, a idea máis aceptada é que o seu nome artística era unha referencia ao doutro actor de vodevil da época, coñecido como Mr. Zippo, a quen Herbert se parecía fisicamente. Menos crida é a historia que suxire que durante o tempo en que os irmáns Marx traballaron de agricultores para evitar servir na primeira guerra nundial, chamábanse entre eles por nomes típicos de campesiños, como "Zeke" ou "Zeb", e que neste caso, "Zeb" acabou transformándose en Zeppo.[6] En calquera caso, o remate do nome artístico en "o" fíxose seguindo o exemplo dos seus irmáns Groucho, Harpo, Chico e Gummo.

Carreira como enxeñeiro

[editar | editar a fonte]

Fóra da interpretación, Zeppo posuía un gran talento para o mundo da mecánica, razón pola que mantivo o coche da familia Marx funcionando. En 1941 fundou a compañía Marman Products, dedicada ao deseño e á montaxe de pezas e materiais de armas requirido polo exército dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial.[7][8] As abrazadeiras coas que Little Boy, a bomba atómica lanzada sobre Hiroshima, estaban atadas ao Enola Gay, eran un deseño seu e foran construídas na súa fábrica. Inventou tamén un tipo especial de reloxo de pulso capaz de medir as pulsacións das persoas afectadas por problemas cardíacos e enviar un sinal de alarma cando non rexistraba os seus valores normais.[9]

Así mesmo, fundou unha grande axencia teatral xunto co seu irmán Gummo. Durante ese tempo, representaron numerosos guionistas e actores, incluídos os seus irmáns.[10]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Zeppo casou con Marion Benda (de solteira Bimberg) o 12 de abril de 1927,[11] coa que non tivo fillos. A parella adoptou un fillo, Timothy, en 1944 e finalmente divorciárose en 1954. Cinco anos despois, o 18 de setembro de 1959, casou con Barbara Blakeley e adoptou o seu fillo, Bobby Oliver, a quen deu o seu apelido. Zeppo e Barbara separáronse en 1972, divorciándose finalmente en 1973. El non volveu casar, mentres que máis tarde ela se uniu ao cantante Frank Sinatra.

Faleceu en 1979, vítima dun cancro de pulmón, sendo o último dos irmáns Marx sobrevivente.[12][13] No seu testamento, Zeppo deixou ao seu fillo adoptivo Bobby Marx algunhas posicións e cartos suficientes para rematar na escola de dereito. Sinatra e Blakeley acudiron ao funeral.

  1. Tom Zito, "The Last of the Marxes", The Washington Post: 1 de decembro de 1979.
  2. "Marxology - A Kiss In The Dark - The Marx Brothers". Marx-brothers.org. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  3. Marx, Arthur. My Life with Groucho: Growing Up with the Marx Brothers. Barricade Books (xuño de 1992)
  4. Joe Adamson. Groucho, Harpo, Chico and Sometimes Zeppo: A Celebration of the Marx Brothers. Nova York: Simon and Schuster, 1973.
  5. "An Evening With Groucho Marx". Ibras.dk. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  6. Mast, Gerald. The Comic Mind: Comedy and Movies, pp. 282, 285. University of Chicago Press, 1979.
  7. Donnelly, Jim (agosto de 2009). "Why a Clamp?". Hemmings Classic Car. 
  8. Aeroquip Corporation. International Directory of Company Histories, edited by Tina Grant, vol. 16, St. James Press, 1997, pp. 7-9.
  9. US Patent and Trademark Office; US Pat. 3,473,526; "Cardiac Pulse-Rate Monitor", rexistrada o 14 de xullo de 1967 e numerada o 21 de outubro de 1969; 3,426,747, "Method and Watch Mechanism for Actuation by a Cardiac Pulse", rexistrada en parte como continuación o 20 de novembro de 1967, numerada o 11 de febreiro de 1969.
  10. Louvish, Simon. Monkey Business: The Lives and Legends of the Marx Brothers. Thomas Dunne Books; 1st U.S. edition (2000). Also e-text at Google Books
  11. Mallory Curley, Zeppo's Marion Benda and Valentino's Marion Benda: A Legacy of Confusion (Randy Press, 2016), p. 23.
  12. "Zeppo Marx Dies on Coast at 78; Last Survivor of Comedy Team; 'Tired of Being a Stooge'". The New York Times. 1 de decembro de 1979. p. 47. Zeppo Marx, the surviving member of the Marx Brothers comedy team who left the quartet in 1934 for other businesses, died yesterday at Eisenhower Medical Center in Palm Springs, Calif. The youngest of the brothers, he was 78 years old and had lived in Palm Springs ... 
  13. "Marx Straight Man Passes Away Quietly". The Michigan Daily. 1 de decembro de 1979. p. 7. Consultado o 2014-11-19. The final curtain rang down on the Marx Brothers comedy team here today when the last survivor, Zeppo, died at the age of 78 ... 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]